Pasar al contenido principal

A historia do Pazo de Anzobre nunha nova entrega do Banco dos Recordos

Nova entrega do Banco dos Rercordos de Arteixo que elabora a xornalista Maica Rodríguez co obxectivo de contribuir a enriquecer a historia e o patrimonio locais coa participación activa dos veciños. 

O pazo de Anzobre e os seus propietarios, a familia Puga, protagonizan esta nova edición que, en dúas pezas, conta coa testemuña de veciños de Armentón, moitos deles marcados pola presenza do Pazo e a familia. 

Nestes vídeos os que traballaron no seu día dentro do pazo e os veciños que viviron a romaría dos Remedios, e o incendio que ocorreu nesa data, explican como lles pagaban en ferrados de trigo primeiro, e en diñeiro despois polo aluguer das súas terras, entre un bo número de anécdotas vividas ao redor dos grandes muros de pedra deste pazo.