Pasar al contenido principal

Arteixo anunciará o próximo venres a súa saída oficial do Consorcio de As Mariñas

Arteixo quere coñecer a cuota de separación de cada concello para tramitar a súa marcha do Consorcio. O Concello envía un escrito ó consorcio no que pide a modificación do borrador dos novos estatutos por non estar acorde coa lei que regula estes entes administrativos

Arteixo sostén que os novos estatutos só pretenden que o ente siga como ata o de agora pero adaptado á nova lei que rexe estas figuras administrativas.

O concello sinala no seu escrito que o parágrafo que se introduciu no borrador dos novos estatutos e que di que “os dereitos e as obrigas xeradas, no seu caso, pola modificación para a minoración de prestacións dos contratos vixentes derivados da saída dun membro, se repercutirán íntegramente ao membro que se separe” non está respaldado pola nova lei.

No seguinte punto do escrito sinálase que a lei indica que ante a marcha dun dos seus membros o trámite a seguir pasa por realizar un cálculo da cota de separación do concello que desexe abandonar o enye. O cálculo, especifica, debe de se realizar a través da elaboración dunha simulación da liquidación del consorcio, na que queden claras as obrigas e os dereitos de cada un dos municipios asociados.

Arteixo envia este escrito para que se teña en conta durante o próximo pleno do consorcio onde se tratarán os novos estatutos e que, tra-la interrupción do proceso da conversión en mancomunidade ten como obxectivo continuar coa mesma figura administrativa de consorcio realizando as adaptacións que lle esixe a nova lei.

Arteixo comunicará o mes próximo de manera oficial a súa saída do consorcio. O obxectivo é que se munipalice a xestión do lixo a partir do 1 de xaneiro de 2018 e rebaixar sensiblemente o prezo do recibo dende os 126 euros que está cobrando o consorcio a menos de 100 euros.