Pasar al contenido principal

Un paseo pola Costa Ártabra

Nova cita coa divulgación xeolóxica na costa ártabra.

"As furnas de Suevos" ocupara toda a mañá do próximo sábado 2 de xuño por un itinerario de 3Km ao bordo do Atlántico na homónima parroquia arteixá. Os participantes nesta actividade poderán descifrar todos os enigmas que conlevaron á xénese e ao desenvolvemento dun litoral fascinante, que agocha as pegadas de tempos máis primitivos do noso planeta.

Unha viaxe no espazo e no tempo ás entrañas terrestres cos ávidos ollos da curiosidade.