Ir o contido principal

750.000 euros para comprar terrenos para equipamentos como a nova piscina e o campo de fútbol de Pastoriza

No caso da piscina de Meicende o concello xa iniciara a redacción dun plan especial de infraestructuras na zona de O Coto co obxectivo de iniciar a construcción do novo equipamento.

Este documento urbanístico supón o primeiro paso para a construcción da nova piscina que podería comezar a se construir a principios do ano 2018.

A nova piscina ofrecerá servizo a unha poboación de preto de 8000 personas e completará as infraestructuras deportivas dunha zona na que tamén se prevé a construcción dun novo campo de fútbol próximo ó cemiterio de Pastoriza.

O modificado, que terá un importe global de 4'2 millóns de euros, servirá para a municipalización de servizo de recollida do lixo que costará 2'2 millóns de euros; e para outras actuacións como a ampliación do parque infantil Campo da Cega en Meicende, a reforma do edificio do centro social de Barrañán, unha pista multideporte en Galán; a mellora do cruce da rotonda de Bajamar; ou a reforma do centro de saúde de Arteixo.