As actividades deportivas de Arteixo continúan na rede
A páxina de Facebook do concello publica cada día, dende que comezara o confinamento, vídeos das actividades deportivas municipais para que, aqueles que o desexen, manteñan hábitos saudables e unha actividade física que lles axude a levar mellor esta situación.
O programa deportivo pretende ser unha ferramenta útil e axeitada para os veciños nun momento en que non se pode sair ao exterior, non pretende ser unha panacea xa que está limitado por tódolos condicionantes que implica o ter reducida a posibilidade de movemento.
O programa Deportivo en Liña “ Eu quedo na casa”, persegue entro outros, os seguintes obxetivos:
- Evitar o sedentarismo
- Potenciar o movemento e as rutinas de exercicio como medio para manter a forma física e a saude mental
- Concienciar da conveniencia de manter estilos de vida activos durante o estado de confinamento
- Evitar pasar moito tempo sentado ou inactivo.
- Axudar a ocupar o tempo libre por medio actividades útiles
- Mellorar ou manter capacidades e cualidades físicas tales como a forza, a resistencia, flexibilidade, coordinación, equilibrio…
- Aprender a utilizar utensilios caseiros como material complementario nas rutinas de actividade física.
- Fortalecer o sistema inmunitario para previr posibles infeccións
- Acadar unha adherencia ao programa de actividade na casa por parte dos usuarios
- Contribuir ao benestar mental, aliviar o estrés e a ansiedade.
