As actividades extraescolares múndanse a internet
A Concellaría de Igualdae, Servizos Sociais, Sanidade e Educación informa que mentras dure a suspensión das clases e das actividades extraescolares debido á pandemia ocasionada polo COVID-19, o alumnado matriculado en calquera actividade extraescolar organizada polo Concello de Arteixo nos centros educativos do seu termo municipal, poderá continuar coa realización telemática das actividades. Para tal fin habilitouse a conta de Instagran @extraescolaresconcelloarteixo.
Desde aí o monitorado comparte co seu alumnado tutoriais e vídeos das actividades.
De luns a domingo, o monitorado conectarase en directo ás 17:00 horas da tarde con todo o alumnado a través da conta de Instagran @extraescolaresconcelloarteixo para a realización de actividades moi variadas.
Para esta semana as actividades programadas son:
- Martes 31 marzo: Baile Educación Infantil
- Mércores 1 abril: Artesanía e manualidades
- Xoves 2 abril: Baile Educación Primaria
- Venres 3 abril: Música
- Sábado 4: Baile en familia
- Domingo 5: Ximnasia en familia