Ir o contido principal

As actividades sociais tamén mudan a internet

A Concellería de Servizos Sociais quere que o seu programa "Cultiva o teu lecer" non se pare por mor do estado de alarma causado pola pandemia ocasionada polo COVID-19. 

O departamento de dirixe Inés Ramos mantén abertas todas as actividades do programa “Cultiva o teu lecer”, de forma telemática ,na páxina de Facebook do Concello

Cada día, ás 11 da mañá, imparrtiranse clases, a través de vídeo, de estimulación articular para cuidar o corpo e manter hábitos saudábles básicos para o benestar físico,psíquico e emocional, así como clases de modalidades artísticas

Pola tarde noite, ás 21 h, haberá clases de diferente modalidades artísticas como Bailes de salón, danzas do mundo,baile moderno, hip-hop ,pandeireta,expresión teatral,pintura,manualidades ,labores,ou bolillos entre outras. .........