Ir o contido principal

As ANPAS expuxeron o contido dos seus proxectos no “III encontro de experiencias EducaTIC”

EducaTIC

Dentro do programa do III Encontro dase lugar ás ANPAS como parte integrante da comunidade educativa. A través da convocatoria do concurso para estas entidades (xa vai o 3º!) tense como finalidade fomentar a súa intervención dun xeito activo coas súas aportacións a través de propostas que se poidan implantar nos centros dos que son parte ou en calquera outro do término municipal. Deste xeito, todos os axentes sociais implicados no proceso educativo terán oportunidade de presentar ideas que, doutro xeito, teñen escasas opcións de proxectarse ao resto.

Ao concurso, presentaron proxectos as seguintes ANPAS:

  • ANPA Ponte dos Brozos co proxecto “tiComunnicare: facer saber” centrada na importancia de eliminar as barreiras na comunicación. Para a súa exposición, contamos coa presenza de persoas da Asociación de Xordos de Arteixo que nos transmitiron a mensaxe con lingua de signos
  • ANPA Novo Arteixo co proxecto “alumnos conectados” propoñen o seguemento e control parental do alumnado a través de wifi, pulseiras e teléfono móvil.
  • ANPA O Loureiro da EEI Vilarrodís co proxecto “e-auxilio” co Obxectivo de formar ao profesorado e alumnado en material de primeiros auxilios para que poidan prestar axuda de forma segura no caso de accidente ou enfermidade.
  • ANPA Século XXI co proxecto “o tempo importante é en compañía” no que se propón a cración de grupos de convivencia entre maiores e adolescentes para que aplicar un formato que favoreza a compañía e aprendizaxe mutua.

Ademáis de un recoñecemento á participación, etablécense 3 premios:

  • 1º premio: 500 €
  • 2º premio: 400 €
  • 3º premio: 300 €

O resultado do veredicto do xurado darase a coñecer no acto de clausura do encontro que terá lugar na explanada do campo da festa o día 11 de maio a partir das 16:30 horas. O acto contará coa presenza da actriz Cristina Castaño e a colaboración de Pablo Portabales.