Ir o contido principal

Aprazado o imposto de vehículos ata o 30 de abril

A primeira campaña de recadación de 2020, que comezaba este mes e que inclúe o Imposto de Vehículos (IVTM) e outras taxas, aprázase ata despois do 30 abril. Arteixo, xunto con outros 78 municipios coruñeses, delega a xestión deste imposto na Deputación Provincial de A Coruña.

O organismo provincial anuncia ademáis que tamén quedan suspendidos ata o 30 de abril todos os embargos, as providencias de apremio, as subastas e a execución de garantías, así como calquera tipo de notificación executiva dos servizos tributarios provinciais.