Ir o contido principal

Arteixo adhírese a campaña #construindodiversidade, xunto con outros 30 concellos da provincia

O día 28 de xuño conmemórase o “Día das diversidades sexuais”. A Deputación da Coruña organiza unha campaña de sensibilización co lema “Construíndo diversidade” á que se suma o Concello de Arteixo.

O obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como a normalización da comunidade #LGTBQI

Os actos de conmemoración centraranse no día 26 e 28 de xuño. O luns 26 ás 10:30h, no Pazo Provincial, realizarase unha presentación institucional e proxección do vídeo promocional da campaña. Ás 21h terá lugar, no Teatro Colón, un acto conmemorativo que contará coa participación de diferentes entidades dos colectivos LGTBQI e tecido asociativo, así como a intervención de diferentes artistas. Nese mesmo acto procederase ao acendido da fachada principal do Pazo Provincial que permanecerá ata o día 30 de xuño iluminada coas cores do arco da vella.

O mércores 28 de xuño, persoas dos diferentes colectivos LGTBQI e tecido asociativo despregarán postos informativos no propio Pazo Provincial.