Ir o contido principal

Arteixo apoia as mobilizacións do 8 de marzo

Actividades culturais, de concienciación e debate conforman a programación que, con motivo do Día Internacional da Muller, deseñou o Concello de Arteixo a través do Centro de Información ás Mulleres. 

Este departamento xa traballa durante todo o ano nun programa de formación en igualdade e prevención da violencia machista en todos os centros educativos. Cada 8 de marzo súmanse a este traballo anual, unha serie de actividades que pretenden visibilizar ese traballo e apoiar, de forma explícita, as reivindicacións da xornada. 

O programa de actividades inclúe unha nova edición da xornada "Arteixo activo...en feminino". Será o xoves 14 de marzo con un espazo de conciliación, no Centro Arteixo Innovación, no que se proxectará "Matria" e dará lugar a un coloquio e mesa redonda posterior coa participación de mulleres de distintos ámbitos da empresa e a sociedade. Nesa xornada tamén se recoñecerá á muller Arteixo 2019 que nesta ocasión recaerá en María del Pilar Martínez pola súa traxectoria empresarial durante 40 anos. 

O calendario de actividades, que iníciase o 7 de marzo cun obradorio de Haka Maorí, exténdese ata finais de mes.