Ir o contido principal

Arteixo celebra o Día da Familia

A Área recreativa do Seixedo é un ano máis o escenario escollido para celebrar o Día da Familia. 

A xornada comezará ás doce do mediodía e se prolongará ata as nove e media da tarde con actividades para todos os gustos con especial atención aos máis pequenos. Ademáis ofrécese a posibilidade de almorzo por 6 euros a base de paella, auga, café e pan. As persoas que se apunten á paella deberán de facer a reserva os día 11, 12 e 15 de xullo no departamento de Servizos Sociais. 

O Día da familia sevirá tamén para recoñecer o labor das 14 familias que actualmente participan no programa de acollemento do concello. Ese programa, que ten como obxectivo a formación e información entre familias, permite o acollemento, actualmente, de 18 menores que dispoñen de atención personalizada dun psicólogo do concello e unha serie de actividades que fomentan la creación de redes de apoio entre los propias familias implicadas no seu cuidado.

A xornada inclúe torneos deportivos, actuacións e festa das escuma ademáis de xogos e inchables durante toda a xornada. 

familia