Ir o contido principal

Arteixo celebra o Día Mundial da Poesía

Arteixo súmase durante o mes de marzo á celebración do Día Mundial da Poesía que conmemórase o 21 de marzo próximo. 

Cinco espectáculos de diversas linguaxes e que rende homenaxe á creación poética completan este programa que culminará co Terceiro Festival de Primavera o día 22 no Auditorio do Centro Cívico. 

A primeira cita será o venres 1 de marzo coa posta en escena, en Meicende, de "Monstros Acústicos", un espectáculo infantil a cargo de Fran Amil no que a música é a protagonista. 

O espectáculo, recomendado para público infantil (de 4-12 anos), é con invitación que se poderá recoller 1 h antes na conserxería do CSC de Meicende.

Amil

O Auditorio de Arteixo tamén se suma a esta homenaxe á poesía con "Cría fama e bótate a correr" a cargo de Aldaolado. Poesía escénica para disfrutar a partir das 20.45 h.  

A entrada (3 e 2,25 €) pódese mercar na billeteira do CCC de Arteixo de 11:30-13:30 e 2 h antes da función. 

cria fama