Ir o contido principal

Arteixo conta cun dispositivo especial de tráfico adaptado ás medidas COVID para o acceso aos centros educativos

O concello de Arteixo a través da concellería de Educación que dirixe Inés Ramos, e a concellería de Seguridade, que dirixe José María Sánchez, inicia esta semana, coincidindo co inicio das clases, un dispositivo especial destinado a todos os centros escolares e institutos de Arteixo para adaptarse as medidas anti-COVID dentro das competencias en educación que ten o concello, sempre en coordinación coa Xunta de Galicia, as ANPAS e as direccións dos centros escolares, que son os encargados directos de xestionar os centros educativos.

O concello elaborou un dispositivo individualizado para cada centro escolar, que consiste en organizar entradas e saídas con escaladas horarias (de modo que os alumnos entren a diferentes horas segundo horarios e clases), e habilita máis entradas que as habituais.

As dirección dos centros escolares e institutos son as que se poñeran en contacto cos pais para especificarlle as normas de cada centro en concreto, pero a nivel xeral o concello pon medidas en marcha nas que se establecen novas entradas e saídas con escalonamento horario, se restrinxe o uso do vehículo particular na maioría dos centros, priorízase o entorno seguro do transporte escolar, duplícanse, como mínimo, as portas de acceso os centros escolares, e establécense zonas de espera diferenciadas según o curso escolar e o horario de entrada e salida de cada centro.