Ir o contido principal

Arteixo crea, xunto con outros concellos españois, a Rede de Municipios de Alto Pontencial Loxístico

Feder

O Concello de Arteixo ven de crear, xunto cos municipios de Mondragón, Martorell, Riba-roja, Antequera e Mérida, a Rede de Municipios de Alto Pontencial Loxístico. 

O proxecto, no que se traballou de forma conxunta nos últimos seis meses e que asinan os alcaldes de cada un dos municipios implicados, conclúe na necesidade de posicionar os nos loxísticos como enclaves críticos da economía industrial co obxectivo de mellorar a visibilidade como entorno atractivo para a consolidación de novos investimentos empresariais. 

A nova rede de municipios persigue reforzar as súas aspiracións de inversión pública fronte a outras administracións como o Estado ou a Unión Europea. O obxectivo é mellorar a comercialización de solo industrial e atraer novas iniciativas empresariais. 

Os seis concellos, que hoxe presentaron a súa unión, traballou nos últimos seis meses nun documento de conclusións que serve como punto de partida a esta colaboración estratéxica que, ademáis de acadar novas inversións públicas, realizará outras accións como xerar un catálogo comercial de solo industrial para incentivar as iniciativas emrpesariais. 

Carlos Calvelo sinala que “todo o que sexa elaborar estratexias comúns é beneficioso nun mundo cada vez máis globalizado  e nunha Unión Europa que premia a colaboración entre as diferentes administracións locais”.