Ir o contido principal

Arteixo denunciará na Comisión Europea o "despilfarro" dos novos carriles da peaxe de Pastoriza

Arteixo abre unha nova vía que permita acadar a retirada da peaxe de Pastoriza cunha denuncia diante da Comisión Europea. O Concello advirte do mal uso de 20 millóns de euros de fondos europeos que foron destinados a construir novos carriles de circulación de vehículos paralelos aos actuais da peaxe. 

O concello encargou a despacho de avogados Calixto Escariz, especializados en dereito administrativo, a elaboración desta demanda. 

O concello pretende que os "carriles da vergoña" construidos por Fomento e gratuitos para acceder ao Porto Exterior teñan o mesmo tratamento de libres de peaxe a todos os vehículos que diariamente circulan por esa vía. 

Mentres, o concello tamén continúa coa loita legal que pretende tumbar o estudo informativo polo que o Ministerio de Fomento descarta a retirada da peaxe de Pastoriza coa presentación dun incidente de nulidade diante do Tribunal Supremo despoisde que o mesmo desestimara un recurso de casación. A  Audiencia Nacional fallou en contra das tesis do concello, que sinalan que o estudo informativo de fomento foi realizado con criterios arbitrarios.