Ir o contido principal

Arteixo e Meicende celebran sendos campionatos de tute

O Centro de A Baiuca e o centro social de Meicende xa se preparan para celebrar, a partir do 6 de marzo próximo, a vixésima e sexta edicións respectivamente, dos seus campionatos de tute que dirimirán, entre 22 parellas cada un deles, ós mellores xogadores de cartas dos concello. 

Os interesados en apuntarse deben de ser maiores de 55 anos e pagar os 5 euros que costa este ano a cota de inscrición. O torneo limítase a 22 parellas e seis suplentes que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. 

Os apuntamentos se poderán formalizar os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo en horario de 9 de mañá a 1 do mediodía no centro de A Baiuca ou no centro social de Meicende 

As partidas se disputarán os martes entre as 4 e as sete da tarde.