Ir o contido principal

Arteixo e Repsol reafirman o seu compromiso coa seguridade

O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo,  e a directora da refinería de Repsol de A Coruña, Natalia Barreiro, asinaron esta mañá a renovación do convenio de colaboración para a realización do Plan de Formación de Emerxencias 2020.

Este proyecto, que Repsol e o Concello desenvolven dende 2017, permite neste 2020 que un total de 35 policías locais e 20 personas do equipo de emerxencias de Arteixo formado por funcionariado e voluntarios, reciban máis de 30 horas de formación cada un deles  en materia de seguridad e emerxencias.

Este Plan de Formación de Emerxencias 2020 divídese en tres bloques que inclúen prácticas e aprendizaxe da Desfibrilación Externa Semiautomática (DESA) básica e avanzada; prevención de riscos laborais, seguridade no traballo e hixiene industrial e psicoloxía aplicada. 

A situación actual tamén inclúe este ano formación en prevención e control de infeccións causadas por coronavirus.