Ir o contido principal

Arteixo pagará as cotas da seguridade social e os gastos de aluguer ao pequeno comercio e aos autónomos radicados no termo municipal

O Concello incorporará ao presuposto ordinario unha partida inicial de 2'3 millóns de euros, do remanente municipal, que adicaranse a loitar contra as consecuencias provocadas pola crise do coronavirus. 

Dous millóns de euros servirán para financiar diferentes programas económicos de apoio ao pequeno comercio e autónomos co obxectivo de minimizar a destrucción de postos de traballo. O concello pagará as cotas da seguridade social e unha parte dos gastos de aluguer dos  locais comerciais tando aos comercios como aos autónomoas. As axudas beneficiarán a uns 600 comercios e autónomos radicados no municipio. 

O modificado tamén reserva 300.000 euros para reforzar o presuposto adicado a axudas de emerxecia social co obxectivo de que non haxa restriccións presupostarias no ámbito dos servizos sociais. 

O Concello anuncia que poñerá en marcha outras medidas de axuda ao pequeno comercio e autónomos que complementen e coordinen os plans que poñan en práctica outras administracións, como o Estado, a Xunta de Galicia, ou a Deputación de A Coruña