Ir o contido principal

Arteixo pide a A Coruña datos sobre a planta de Nostián

O Concello de Arteixo quere saber, atendendo ás queixas dos veciños, o nivel de cumprimento da planta de residuos de Nostián en canto a medidas protectoras e correctoras. 

O executivo local envía ó concello de A Coruña un escrito no que lembra o prazo, rematado este verán, para que se execute a sentencia que obriga ó selado do verquedoiro ó aire libre de residuos sólidos urbanos que xestiona a empresa Albada. O equipo que dirixe Carlos Calvelo faise así eco das queixas dos veciños sobre os cheiros e partículas en suspensión procedentes da planta. 

O escrito alude tanto ó verquedorio de Albada como ó da empresa CONTECO que acumulan toneladas de residuos sen tratar ó aire libre e que afectan ás poboacións de Nostián, Meicende e Ventorrillo.

O Concello tamén reflexa no escrito o seu interés por coñecer os procesos de tratamento de augas residuais que se levan a cabo nos verquedoiros así como o tipo de residuos que se depositan en ambas instalacións. Tamén piden información sobre as carreteras polas que se accede ós verquedorios e o fluxo de vehículos que soportan. 

Arteixo reclama da Coruña un plan de futuro inmediato para estas instalacións que son un foco de insalubridade e perigosidade medioambiental para o entorno.