Ir o contido principal

Arteixo renova as súas redes sociais para mellorar a comunicación coa veciñanza

O Concello de Arteixo fai un esforzo por mellorar as diferentes canles de comunicación que mantén coa veciñanza e que foron de capital importancia durante os meses de confinamento derivados da crise da COVID.

A situación derivou nun crecemento constante de usuarios e de actividade nas diferentes redes, sobre todo no Facebook que, con 12.000 seguidores activos, demandaba información diaria sobre a situación da pandemia e trámites coas administracións.

O Concello ven de renovar as súas redes sociais. O Facebook cambia de dirección e comeza de novo como @ConcellodeArteixoOficial na dirección https://www.facebook.com/ConcellodeArteixoOficial/, nun intento de mellorar as comunicación e evitar posibles duplicidades ou inxerencias. Os 12.000 seguidores da páxina poden buscar a nova páxina na dirección https://www.facebook.com/ConcellodeArteixoOficial/ e suscribirse para se manter ao día de todas as novidades do concello.

Ademáis mantense a conta de Instagram “concellodearteixo” (https://www.instagram.com/concellodearteixo/?hl=es) que acumula 2251 seguidores; e a canle de youtube Concello de Arteixo na que pódense seguir os plenos municipais, roldas de prensa e distintas actividades programadas polos diferentes departamentos municipais. Esta canle suma actualmente 721 suscriptores

O Concello aposta pola comunicación e amplía a súa rede a tuiter onde poderase seguir toda a actualidade municipal na conta @ArteixoOficial