Ir o contido principal

Arteixo saca adiante un modificado de crédito de máis de dous millóns de euros para a segunda e terceira liñas de axudas aos autónomos

O alcalde Carlos Calvelo ven de asinar un decreto que permite un modificado de crédito de 2.547.000 euros que servirá para poñer en marcha a segunda e terceira liñas de axudas económicas que o executivo local destina a autónomos, pequeno comercio e hostaleiría afectados pola crise do COVD. 

O novo modificado de crédido serve para establecer unha base presupostaria suficiente que permitirá activar as novas liñas adicadas aos autónomos que, aínda que non pararon a súa actividade, sí viron reducida a súa facturación por mor da crise; e unha terceira liña adicada a todos aqueles non beneficiados nin pola primeira nin pola segunda.

Nestes casos aínda están por determinar a contía das axudas e a semana próxima serán públicas as condicións normativas para acceder ás mesmas. 

Estas novas liñas de axuda diríxense a aqueles que non accedan á primeira liña xa aprobada e que beneficia a aqueles que tiveron que interromper a súa actividade debido á crise. 

A primiera liña de axudas económicas, que será de entre 1800 e 3000 euros xa conta con bases normativas e as solicitudes poderán comezar a se presentar a próxima semana. 

O Concello remarca que todos aqueles beneficiarios que cumpran coas bases da solicitude terán a súa axuda. Trátase de axudas de carácter de concorrencia non competitiva o que significa que haberá fondos suficientes para atender a todas as demandas.