Ir o contido principal

Arteixo usará un atomizador para desinfectar todas as rúas do municipio

Arteixo inicia mañá unha campaña especial de desinfección de todas as rúas dos núcleos urbanos e rurais.

Estes traballos súmanse ás tarefas de desinfección que xa se levan a cabo nos contedores de basura e lugares de tránsito como áreas comerciais e centros de saúde.

O novo operativo comeza a traballar a partir das dez da noite de mañá. Trátase dun atomizador, unha máquina que transporta un tractor, e que realiza unha especie de fumigación das rúas cos productos necesarios para eliminaer virus e bacterias. A peculiaridade desta nova máquina é en sucesivas pasadas utiliza tensioactivos, deterxentes e bactericidas, de cara a que todas as vías queden desinfectadas.

Os labores de desinfección do novo apararto se realizarán entre as dez da noite e as oito da mañá do día seguinte e comezará nos núcleos de Arteixo, Vilarrodís, Sol y Mar, Oseiro, Pastoriza e Meicende. A partir del sábado, o mesmo tratamento chegará a todos os núcleos rurais do municipio. Para que o tratamento sexa efectivo, é necesario realizar tres pasadas en cada rúa ou vial.