Ir o contido principal

Axenda deportiva da fin de semana

O Pavillón de Galán acolle este sábado 9 de marzo o Camiponato Galego de Tiro con arco na modalidade de Clubes por equipos. Será de 14.00h a 20.30h. A competición, organizada polo Club deTiro con Arco Arc-Teixo, celebrarase nas modalidades de arco recurvo olímpico, arco composto e arco tradicional. Participan clubes de toda Galicia, e agárdase a presencia duns 60 participantes.

A natación tamén é protagonista o sábado coa celebración do XX Encontro de Natación Concello de Arteixo. Máis de 200 competidores participarán nesta xa vixésima edición dunha cita anual que organiza o Club Natación Arteixo e está dirixido a nadadoras e nadadores de categoría alevín, benxamín e promesas. Será na piscina municipal de 15.30 a 20.00h.

O domingo o protagonista é o judo coa xornada de judo escolar que organiza  Federación Galega deste deporte baixo o epígrafe de "Xogade". Será no Pazo dos Deportes e alí daranse cita uns 800 judocas de categoría prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

O horario da competición será de 10.00h a 13.30h.