Axudas do programa Emprega Muller da Xunta de Galicia
Obxecto e finalidade:
Inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, a través dos seguintes programas (compatibles):
- Bono de contratación, subvención para a contratación indefinida inicial, contratación temporal cunha duración mínima inicial de doce meses e transformación de contratos temporais en indefinidos realizados con mulleres desempregadas.
- Bono de formación (opcional), dirixido ás mulleres contratadas por esta orde, para mellorar os coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
Ámbito temporal
Contratacións realizadas entre o 01.10.2018 e o 30.09.2019, e formación realizada entre o inicio do contrato e o 30.11.2019.
Prazo de solicitudes
O prazo para as solicitudes polas contratacións e transformacións realizadas entre o 01.10.2018 e o 25.04.2019 será ata o 25.06.2019. As contratacións e transformacións realizadas a partir do 26.04.2019, será ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida, temporal ou a transformación/incremento subvencionada (prazo máximo 30.09.2019), obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Máis información en:
CENTRO ARTEIXO INNOVACION
Concellaría de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfno. núm. 981 640 572.