Ir o contido principal

Axudas á mobilidade 2017. Modelo de convenio

Bases da convocatoria de axudas á mobilidade para persoas con diversidade funcional e/ou dependencia acreditada para exercicio 2017

O Pleno da Corporación do día 27 de outubro de 2016 aprobou as bases reguladoras e a convocatoria das axudas á mobilidade para persoas con diversidade funcional e/ou en situación de dependencia para o exercizo 2017.

Son axudas individuais concedidas polo período máximo dun ano a aquelas persoas que cumpren cos requisitos de estaren gravemente afectadas na súa mobilidade e autonomía, non poder utilizar o transporte público colectivo e non dispoñer do mesmo servizo concedido por outro organismo. Ademais deberán estar empadroadas neste concello.

As axudas municipais están destinadas ao financiamento dos gastos que supón o desprazamento a aqueles destinos (centros de atención especializados, centros médicos, ou de tipoloxía similar) que non están cubertos por ningunha entidade pública nin privada. O desprazamento realízase en vehículos autorizados para o transporte de persoas por estrada coas cales o Concello asinará o convenio de colaboración.

O período de duración do convenio deberá ser polo prazo do ano natural das axudas concedidas e nel establécese a relación entre o concello e as entidades que se adhiran, a relación e o cobro ás persoas usuarias, e outros aspectos relativos ás condicións de prestación dos diferentes servizos.

Calquera entidade dedicada ao transporte de persoas que cumpra cos requisitos esixidos no citado convenio poderá solicitar a adhesión e, posteriormente, realizar servizos para as persoas destinatarias das axudas; en todo caso deberá presentar no concello a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos e da normativa aplicable.

Audio

Ligazóns: