Ir o contido principal

Axudas municipais para comedor escolar e libros

A Concellería de relacións coa comunidade educativa abre o prazo para presentación de solicitudes da liña 1 (Axudas para comedor escolar) e para a liña 2 (Axudas para adquisición de libros e material didáctico)

 

  • Prazo de solicitude: de 22 de abril a 22 de maio de 2019.
  • Documentación a aportar: modelo normalizado que se pode obter no departamento de Relacións coa Comunidade Educativa ou na páxina web do Concello (www.arteixo.org)

 

IMPORTANTE: de modo xeral, as persoas solicitantes presentarán UNHA SOLICITUDE PARA CADA LIÑA DE AXUDAS mediante modelo normalizado no que se concede autorización para que o Concello obteña os datos e documentación doutras administracións.

Só se deberá achegar documentación nas seguintes situacións familiares:

  • Para acreditar horario de conciliación familiar: certificación da empresa onde se especifique dito horario.
  • Copia de sentenzas e convenios reguladores cando proceda.
  • Fotocopia da comunicación de concesión de prestación de desemprego si é o caso.