Ir o contido principal

Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade de autónomos.

Orde do 27.04.2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, publicada no DOG nº92, do 15.05.2018.

Obxecto:

  • Regular as axudas a autónomos que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, que contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.

Beneficiarios:

  • Autónomos que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e contrate unha persoa por conta allea entre o 01.11.2017 e o 30.09.2018.

Importe:

  • O 100% da cota empresarial da Seguridade Social, incluídos AT e EP, correspondente á persoa contratada durante un máximo de 16 semanas.

Prazo (solicitude por medios electrónicos en https://sede.xunta.gal):

  • Para contratacións realizadas entre o 01.11.2017 e o 15.05.2018, ata o 15.07.2018.
  • Para contratacións realizadas entre o 16.05.2018 e o 30.09.2018, o prazo será dun mes desde a contratación.

 

Enlace DOGA

 

Promoeco

Máis información:

CONCELLO DE ARTEIXO

Concellería de Promoción e Desenvolvemento

Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)

Tfº 981640572