Ir o contido principal

Baloncesto para todos nunha nova edición do 3x3 do Club Baloncesto Arteixo

O Pazo dos Deportes de Arteixo acolle o vindeiro domingo día 21 a XIV edición do torneo 3x3 CB Arteixo Duacode Concello de Arteixo. 

A cita, non competitiva, contará coa participación de máis de 90 deportistas distribuidos en 23 equipos. Será entre as 10 da mañá e as dúas do mediodía. 

Trátase dun torneo amigable e non competitivo que pretende ser unha xornada de convivencia e diversión entre todos os amantes do baloncesto.

Baloncesto