Ir o contido principal

A Banda Xuvenil achega a súa música a Meicende

A Banda Xuvenil Santiago de Arteixo ofrece o vindeiro venres 19 de xaneiro ás 20:00 h, un concerto gratuito no auditorio do Centro Sociocultural de Meicende.

Trátase dunha actividade para todos os públicos e as invitacións débense recoller no mesmo centro 1 hora antes do comezo do espectáculo até completar a capacidade da sala.

A Banda Xuvenil, creada no ano 2012 como agrupación de formación musical,  pretende formar a calquera músico independentemente da súa capacidade musical. Actualmente, esta agrupación réxese da man de Pablo Muñiz Váquez.