Ir o contido principal

As bandeiras azuis chegan ás praias de Arteixo

O Reiro, Barrañán, Combouzas, Valcovo, Hucha, A Salsa e Alba-Sabón completan os seis areais do municipio que ostentarán este distintivo neste verán.

Os equipos de salvamento están xa operativos en todos os areais do municipio, tamén en aqueles que non contan con bandeira azul, e funcionarán ata o 17 de setembro próximo. O executivo adica a este servizo máis de 200.000 euros. O alcalde anunciou que a dotación de socorristas podería se incrementar nas próximas semanas merced a unha subvención.

 

Galicia mantén a súa posición no número total de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 113; que se eleva a 131 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 129 distincións.

A comunidade galega acapara case un 25% (24,3) das 579 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalana (95 bandeiras).

Na provincia da Coruña é o municipio de Arteixo o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, con sete; seguido de Boiro, con seis areais distinguidos. Camariñas e Ponteceso volven a sumarse á lista de concellos con areais galardoados coa praia de Arou e de Valarés, Ermida e Osme, respectivamente. Arteixo tamén conserva este ano a distinción de sendeiro azul para a súa senda litoral.