Ir o contido principal

A biblioteca conmemora o Día de Rosalía

A Concellería de Cultura que dirixe Ana Bello en coordinación coa Rede Municipal de Bibliotecas, organiza un concurso poético homenaxe a Rosalía de Castro co gallo do día no que festexamos a súa figura, o 24 de febreiro.
Poderá participar toda a rapazada alumna de Educación Primaria matriculados en 4º, 5º e 6º.

O prazo para se presentar finaliza o 14 de febreiro e os premios entregaranse o día 23 de febreiro na Biblioteca Central ás 11.30 horas.

O tema da poesía é libre e a extensión, limitada a un máximo de 30 versos. en galego ou en castelán. 

Para mais información tedes o teléfono da Biblioteca Central "Henrique Rabuñal" 981 659108 en horario de atención ao público ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org.

 

Documentos: