Ir o contido principal

A Biblioteca conmemora os seus trinta anos cun concurso de narrativa breve

A Concellaría de Cultura do Concello de Arteixo, a través da Rede de Bibliotecas, convoca un concurso de narrativa breve que conmemora os 30 anos da implantación dunha Biblioteca Pública en Arteixo.

No ano 2019 as bibliotecas cumpren 30 anos e, entre outras actividades, o día 23 de abril, entregarase o premio deste concurso no que poderán participar as persoas maiores de idade que deberán presentar un traballo cunha extensión mínima de 3 folios e máxima de 5 a duplo espazo antes do 8 de marzo.


Os premios serán 3. Un primeiro premio de 200 euros en libros e unha tableta; o segundo 200 euros en libros e, o terceiro, 100 euros en libros.


As bases pódense recoller nas bibliotecas e se publican nesta web e no blog  "Palabra de Biblioteca". 

concurso


 

Documentos: