Ir o contido principal

A biblioteca estrea voz

As bibliotecas de Arteixo xa teñen voz. Trátase dun "podcast" no que os responsables deste departamento municipal repasan a actualidade e actividades que desenvolven diariamente. 

Conducido por José Luis Torreiro e Fidel Mouzo este programa contará nos próximos días con entrevistas a José Manuel Piñeiro que foi o concelleiro de cultura no ano no que se inaugurou, hai 30 anos, a primeira biblioteca do concello; Antonio Mouzo que foi concelleiro de cultura durante 8 anos; Belén García, a usuaria número 6 da biblioteca e o actual alcalde, Carlos Calvelo. 

O programa, que se pode escoitar a través de youtube o iVoox, pretende se converter nunha nova maneira de comunicación entre as persoas que traballan nas bibliotecas e os usuarios.