Ir o contido principal

A biblioteca muda as súas actividades á rede

Debido as restriccións provocadas por la pandemia do coronavirus, as activiades presenciaias nas bibliotecas quedaron prohibidas dende o día 7 de novembro ate o día 4 de decembro.

As bibliotecas do Concello de Arteixo, en lugar de aplazalas ou anulalas, botan man da tecnoloxía para achegarse ao público que pode disfrutar dende o móvil, a tablet, a Tv ou o ordenador das actividades propostas.

Caxoto, Lía Magalia, Ramiro Neira, Proyecto Bululú, Iván Serrano, Trémola Teatro, Olga Abad…están sendo protagonistas nas tardes de contacontos, a través de “streaming” e o éxito é total pois nalgún caso, chegaron a cerca de 500 as reproducións en menos de 24 horas o que da fé da implicación da xente usuaria con esta alternativa.

Non sabemos canto tempo pode durar esta situación pero, caso dunha futura continuidade, as bibliotecas de Arteixo estarán despostas a seguir coa viaxe dos contos ainda que sexa por esta vía das redes sociais sempre contando coa complicidade do público participante.