Ir o contido principal

As bibliotecas enchen de actividade o mes do libro

O colofón será o concurso en homenaxe a Rosalía de Castro que vaise celebrar o día 25 de abril ás 18.30 horas na Biblioteca Central "Henrique Rabuñal"

Xarope Tulú, Chrystyan Magic, Lisístrata, Títeres Cachirulo, Iván Serrano, xunto cos obradoiros de "Divermaxia" e a "Ciencia é divertida" son algúns dos protagonistas desta ampla programación. Para os máis pequenos, os de 1 a 3 anos, o día 5 de abril na Biblioteca Central e o 6 na Biblioteca de Meicende con Tótem.

O día internacional do Libro pretende, en todo o mundo, fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor. É unha celebración que promove a UNESCO dende o ano 1995 e que se iniciara o 23 de abril do ano 1996 e que actualmente se conmemora en máis de cen países.

A data do 23 de abril escolliuse porque supostamente coincide coas datas do finamento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega no mesmo día do ano 1616.

Documentos: