Ir o contido principal

As bicicletas e o judo na axenda deportiva da fin de semana

O Pazo dos Deportes de Arteixo acolle este sábado 13 de abrila 6º xornada e play-off final da liga RIAS ALTAS de judo. 

Trátase dunha competición organizada polo Judo Club Arteixo en colaboración có Servizo Muicipal de Deportes na que participarán 250 deportistas divididos en 12 equipos infantís e 12 equipos alevíns. Todos os equipos son mixtos e o obxectivo desta liga é fomentar a participación e que os nenos adquiran experiencia de cara aos futuros campionatos.

Será de 10:00h a 13:00h. 

Xa o domingo, o Club Ciclista Arteixo organiza o VIII Torneo MiniBTT Concello de Arteixo  no Circuito Motoclub Saltamontes de Arteixo. Consiste nunha proba de carácter competitivo para ciclistas de entre 6 e 14 anos, cunha participación estimada de 450 competidores. O horario da proba será entre 10.30h e 14.00h

judo