Ir o contido principal

BuleBule Band Quartet en Meicende

 

Bule Bule Band

 

O Centro Sociocultural de Meicende.acolle o venres 15 de decembro ás 20:00 h, a actuación da BuleBule Band Quartet. Música de cantigas populares postas ao día, os sons do roccknroll, do blues, do reggae e dos sons latinos

A banda composta por Francisco Xosé Lafuente á voz e guitarra, Pedro Ordas no baixo, Xosé Taboada na frauta, acordeón, gaita e saxo e Gonzalo Solís nas percusións, funciona dende o ano 2015, cando a raíz dunha voda, gravaron un disco con toda a xente que estaba invitada e que deu lugar a "Vodasons, cancións para unha voda", disco autoeditado e no que aparecen moitos dos temas que interpretan no directo.

Os escenarios do FELIPOP de Limodre ou a festa das Meninas de Canide en Ferrol acolleron esta proposta, así como a Feira Histórica de Arteixo.

O espectáculo que presentan quere conseguir a participación do público xa que, as letras son coñecidas por todos/as e forman parte do patrimonio colectivo. 80 minutos que dan moito de si, con éxitos do veciño Portugal, Rosalía de castro, Celso Emilio Ferreiro, entre outros.

A obra irá dirixida a todos os públicos, sen custo de entrada e con invitación a recoller unha hora antes da actuación no Centro Sociocultural de Meicende.