Ir o contido principal

Calvelo responsabiliza ós Servizos Sociais de A Coruña dos conflictos derivados dos realoxos en Meicende

Vehemente, directo e preocupado. O alcalde de Arteixo pon sobre a mesa os problemas que os veciños de Meicende soportan debido ó que considera unha mala política de servizos sociais do Concello de A Couña dende que no ano 2011 comezaran os realoxos de chabolistas procedentes do poboado de Penamoa. 

Calvelo, acompañado da concelleira de servizos sociais, Inés Ramos, e de representantes da Asociación de Veciños de Meicende, pinta un panorama no que os servizos sociais de A Coruña limítanse a pagar alugures por períodos de tres meses para, posteriormente, se esquecer dos realoxados ós que, en ningún momento, denuncia o alcalde, se lles fai un seguemento ou un programa de readaptación. 

O primeiro edil fai especial fincapé na situación dos veciños do portal 103 da Travesía de Meicende que, dende hai semanas, ven como se recrudece a convivencia cos seus veciños procedentes dos realoxos con escenas de ameazas, tumultos, ou furtos. Carlos Calvelo indica que os veciños "viven con medo". 

O alcalde fai un chamamento ó Concello de A Coruña e á Afundación, que paga os alugueres, para que reconduzan a situación e advirte que Arteixo non seguirá a permanecer calado e que non admitirá máis realoxos. Calvelo pon a vista no próximo desmantelamento do poboado chabolista da antiga conserveira Celta.