Ir o contido principal

Caramuxo Teatro homenaxea ao desaparecido Pavillón Lino na súa nova proposta

É un espectáculo para público familiar. Unha comedia que gañou o premio ao mellor espectáculo Infantil nos Premios María Casares 2017.

Caramuxo Teatro trae a Arteixo "Pavillón Lino", unha comedia trepidante coa que pretenden homenaxear ao desaparecido  Pavillón Lino da Coruña, espazo cultural de estética modernista adicado a todo tipo de actividades artísticas, teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas...

A cita é hoxe ás 20.00 h no centro cívico de Arteixo. As entradas costan entre 3 e 2,25 €.