Ir o contido principal

Carlos Calvelo avoga por instaurar un bus comarcal

O primeiro edil sinala que "estamos ante unha oportunidade histórica de que na comarca se implante un único sistema de transporte e superar os problemas de coordenación das dúas clases de transporte que existen actualmente: o metropolitano e o urbano de A Coruña”

Carlos Calvelo quere un transporte urbano e comarcal unificado. O alcalde sinala que en dous anos finalizarán as concesións actuais na comarca o que considera como unha oportunidade histórica para reformar o sistema. Calvelo aposta porque os mesmos autobuses que percorren o casco urbano coruñés se internen nos núcleos urbáns dos concellos limítrofes.

Na proposta de Arteixo o alcalde explica que serán os concellos os que, unha vez establecidos os novos percorridos, os que se terán que ocupar de conectar as distintas parroquias. Carlos Calvelo puxo de exemplo a experiencia do bus urbano en Meicende que se instaurou en 2015 e que "non deparou máis que beneficios para os usuarios".