Ir o contido principal

Carlos Calvelo pide ao Ministerio de Fomento maior coordenación cos concellos

O Alcalde de Arteixo demanda ao Ministerio de Fomento unha maior coordenación á hora de planificar infraestructuras para os municipios. Carlos Calvelo, que interviu como ponente designado pola FEMP neste encontro organizado polo Ministerio de Fomento sobre mobilidade rural dentro do proxecto denominado "Diálogo Abierto de Movilidad". explicou a posta en marcha da rede pública de transporte que se comezou en Arteixo en 2019 para conectar os núcleos rurais e urbanos do municipio. 

O primeiro edil apelou á neceside de que o Ministerio coordenase cos concellos este tipo de infraestructuras e establecese unha "coogobernanza". 

O alcalde sinalou que "“Desafortunadamente tenemos casos muy cercanos de infraestructuras públicas como puede ser la autovía del Puerto Exterior que no está dando ningún servicio a los ciudadanos. En este caso concreto por no construir un acceso que sirva para que tanto los ciudadanos como los transportes pesados pudieran circular también por una autovía que en estos momentos tiene una utilización muy baja y que podría estar mucho mejor aprovechada si se hubiese dado voz a las administraciones que están más cerca de los ciudadanos, como son los ayuntamientos”

O Concello xa alertara sobre a non inclusión nos novos presupostos do Estado dunha partida destinada a construir un enlace coa autovía do Porto Exterior á altura de Meicende e que, en opinión do primeiro edil, posibilitaría que o tráfico pesado de mercadorías perigosas deixase de transitar por zonas urbanas.