Ir o contido principal

César Bonilla ilumina o Nadal de Arteixo

O concello de Arteixo prepara un programa de Nadal  no que se potencian os actos lúdicos onde poidan convivir as familias e, se é necesario, conciliar as actividades laborais cas vacacións escolares. Á parte do programa lúdico, o concello ofrece a posibilidade de que os pais envíen os nenos a campamentos con actividades dirixidas os máis pequenos.

O acendido do Nadal será o venres 1 de decembro ás 18.30 h na Rúa do Balneario. O encargado de prender o alumbrado será o fundador de Bonilla, César Bonilla, empresa profundamente ligada ó noso concello dende que se instalara en Sabón xa no ano 1988.

Tra-lo encendido haberá un reparto de chocolate con churros para os asistentes, que tamén poderán disfrutar da visita de Papa Noel no seu trineo

Volverán as xornadas de tapeo os días 21, 22 e 23. Trátase de que que os establecementos hosteleiros que participen utilicen, na elaboración dos seus platos, productos relacionados co Nadal.

programa cultural de Nadal complétase con actividades de todo tipo.

A sala de exposicións do centro cívico acolle dende o 21 de decembro unha mostra sobre os grandes petroleiros de Astano entre os anos 1964 e 1982. 

O xoves 22 de decembro ás 19.30 horas celebrarase o XVI Festival de Panxoliñas organizado pola asociación de xubilados e pensionistas de Arteixo. Será no auditorio do Centro Cívico de Arteixo.

O 23 de decembro terá lugar unha nova edición da Feira do Galo que se completa coa actuación da pregoeira deste ano, María Tasende, e un festival de Nadal-Danza no Centro Cívico. 

Ademáis como cada ano o Concello organiza unha festa para despedir o ano na Praza do Balneario. O día 31 con charanga pola tarde e, a partir da 1h, despois das campanadas, fogos de artificio e actuación da orquestra Marbella. 

Nadal2017