Ir o contido principal

Chola chega ao teatro de Arteixo da man de Artesacía Transmedia

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, qué nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

Artesacía Transmedia trae a Arteixo "Chola, a it girl", un espectáculo de Laura Villaverde para maiores de 14 anos. 

 Ás 20 h no Centro Cívico e Cultural