Ir o contido principal

"Chove" de Titereficciós no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo

Titereficciós camiña desde o 2009 entre o teatro e os títeres para facer visible a súa imaxinación: motor da creación artística e cultural.
Preocupados pola calidade das propostas que o público infantil merece e facelo con carácter familiar para que tódolos públicos poidan disfrutar igualmente. A compañía persegue os contidos educativos en galego e revalorizar o imaxinario popular e contos tradicionais nos seus traballos.

A obra irá dirixida aos bebés de 0 a 4 anos, cun custo de entrada de 3 € para todo o público.

Sinopse: O amparo dos paraugas, brincar nas pozas e charcos, o divertido da choiva... todo o que é causa dela e que tanto nos gusta: a herba, as árbores, flores, as hortas, alimentos, as paisaxes verdes, etc. Dúas personaxes que ensinan con xogos, bailes e enredos que cantidade de cousas nos trae a choiva, antes e despois de que ela veña ou marche.