Ir o contido principal

Comedia e sarcasmo no centro sociocultural de Meicende

Dinamo producións leva a Meicende, "Eu queríame casare", unha comedia de Jose Prieto dirixida por Marita Martínez Arcay e protagonizada por Pedro Brandariz e Lucía Veiga.

O espectáculo lévanos á historia televisada de dous  perdedores preto dos 40, Antón e Lola,  que buscan a súa última oportunidade no amor e que deciden buscala nun programa televisivo de citas a cegas. 

Unha comedia total que conectará con guiños ó público máis novo e ó máis maduro e que permitirá que moitas parellas falen do seu e amañen as súas diferenzas… ou todo o contrario. 

A cita, ás 20 h,  é para todos os públicos, sen custo de entrada e con invitación a recoller 1 hora antes da actuación no mesmo centro até completar a capacidade da sala.