Ir o contido principal

A Comunidade educativa contra o acoso escolar

A Área de Benestar Comunitario organiza nos centros educativos un ciclo de conferencias sobre o bulling dirixidas á comunidade educativa a través das ANPAS.

A iniciativa responde á demanda das familias na Mesa Municipal contra a Violencia de Xénero . Trátase dunha conferencia inicial na que se abordará a prevención e identificación do acoso escolar por parte de pais e nais.

Serán, en todos os casos ás 19 horas co seguinte calendario:

22 de maio: CEIP Ponte dos Brozos ( no salón de actos do Centro Tecnolóxico de Arteixo)

23 de maio: CEIP Galán

24 de maio: CEIP Arteixo