Ir o contido principal

Construcción López Cao faise co contrato para a construcción do campo de Pastoriza

Arteixo adxudica a construcción do novo campo de Pastoriza por 2.034.198 euros así como a urbanización do entorno por 1.194.000 euros. As dúas obras licitáronse no mesmo concurso aínda que en lotes diferentes. A administración local requerirá agora á empresa Construccións López Cao, adxuticataria do concurso ao que se presentaron once empresas, toda a documentación necesaria para proceder á formalización do contrato. 

Os traballos, ademáis da nova equipación deportiva, supoñen o acondicionamento de 32.000 metros cadrados que incluirán a apertura de novas rúas, como a que comunica Suevos e Pastoriza,  así como a creación de zonas de aparcamento.  

O campo de fútbol é nos últimos anos unha demanda constante da S.D. Pastoriza que é o único clube de fútbol do municipio con categorías inferiores que non dispón de campo propio. 

As instalacións deportivas previstas para esta parroquia se completarán coa nova piscina prevista para unha zona situada ó lado do embalse de Meicende, e que dará servizo ós veciños de toda a parte norte do municipio. 

Pastoriza