Ir o contido principal

Contacontos, bebecontos e obradorios para festexar o mes do libro

Iván Serrano, Ana Hermida, Bululú, Moc Moc ou Marisa Irimia son só algúns dos protagonistas que estarán durante todo o mes de abril percorrendo as diferentes bibliotecas do concello para celebrar, como se merece, o mes do libro. 

Levarán a todas as idades os seus contacontos, bebecontos e ata un obradoiro de receitas con contos, en todos os casos con aforos limitados ou con previa inscrición. 

Pódese consultar toda a programación neste enlace