Ir o contido principal

Curso de percusión para animar o entroido

Tambores e ritmo forman parte ineludible das marchas e desfiles típicos do entroido. Formar parte da banda e non quedarse mirando é posible grazas ó curso que pon en marcha o departamento de xuventude os próximos 20 e 27 de xaneiro e 3 e 10 de febreiro. 

Trátase dunha actividade gratuita limitada a dez prazas que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición. Para se inscribir ou acadar máis información hai que chamar ó teléfono 690.690.108. 

Percusión